¿QUÉ É UN BLOG?
Un blog é un sitio web periódicamente actualizado que recopila cronolóxicamente textos e artigos de un ou varios autores. Ademáis os lectores poden deixar comentarios aos artigos do blog.
Algunhas características dun blog:
- Temática elexida polo autor
- Facilidade de creación de contidos
- Posibilidade para os lectores de comentar os artigos
Existen diferentes tipos de blogs:
- Audioblogs. Blogs de arquivos de audio
- Fotoblogs. Blogs de imaxes
- Videoblogs. Blogs de arquivos de vídeo
- Moblogs. Blogs que se actualizan dende o teléfono móbil
Existen moitos sitios web que permiten crear un blog. Entre os gratuítos destacan Wordpress e Blogger. A desventaxa dos sitios gratuítos é que inclúen publicidade.
Utilizaremos Blogger por tres razóns:
- Facilidade de uso
- Aloxamento web gratuíto sen publicidade
- Pertence a Google
No hay comentarios:
Publicar un comentario