martes, 26 de abril de 2016

Chroma Key

O croma, ou clave de cor, é unha técnica audiovisual empregada en cine, televisión e fotografía. Consiste en extraer unha cor da imaxe  e colocar no seu lugar outra imaxe ou vídeo. Para esto empréganse programas específicos de edición de vídeo (como por exemplo, Corel Vído Studio ou Adobe Premiere). Para que o croma funcione, o que queremos que se vexa diante do fondo non pode levar a mesma cor que o fondo. As cores máis utilizadas son verde e azul por ser estas cores as menos presentes na cor da pel.


Na páxina AdictosAlTrabajo.com podemos ver un pequeno tutorial explicando qué é un croma.

Hai diferentes webs nas que podemos descargar vídeos e imaxes para practicar si non temos un fondo verde. Por exemplo:

Hollywood Camera Work
Green Footage

Tutorial de Blogger

Hai moitas páxinas en internet que axudan a crear e configurar un blog con Blogger. Este manual é un exemplo:


Manual Blogger


Ligazóns interesantes sobre blogs educativos


Existe gran número de blogs educativos ou Edublogs. Estos son algúns exemplos:

Edublog en Blogger

Apuntes de blogs

Ciudad Blogger


Para poñer un cadro de texto no blog debemos escribir ou copiar o seguinte código no formato HTML:

<textarea> TEXTO </textarea>

O que escribamos  no medio de <textarea> aparecerá na caixa de texto.

Exemplo:





A caixa vaise adaptando o tamaño do que escribamos. Si estiramos a pestana da esquina  inferior, podemos facela do tamaño que queiramos.


<textarea> Si seguimos escribindo estiramos a caixa para que podamos ver todo o seu contido </textarea>



lunes, 25 de abril de 2016

Licencia Creative Commons


Unha licencia é un permiso para usar ou compartir obra. Con esta licencia conservas os teus dereitos de autor pero permites a outras persoas copiar e distribuir a túa obra, sempre que recoñezan a túa autoría, e baixo as condicións que especifiques.
Sempre que descarguemos arquivos de internet debemos comprobar o tipo de licencia. Algunhas páxinas onde ver e descargar imaxes son:


  • Flickr, É unha rede social onde podes descargar un gran número de vídeos e imaxes baixo licencia Creative Commons.
  • En Stockphotorights podes informarte en detalle sobre as licencias dunha foto en particular.
  •  iStockphoto.com, permite acceder a un catálogo de imaxes libres de dereitos.
  • Veezzle, Con máis de 1 millón de fotos rexistradas, é outra opción interesante, pero é de pago.
  • Open Clip Art Library, é outro sitio onde buscar fotos libres de dereitos. Esta biblioteca aberta de Clip Ar ofrece unha colección de clips que poden ser usados libremente para cualquer propósito permitindo a descarga libre.
  • Everystockphoto, é un motor de búsqueda que indexa imaxes baixo diferentes tipos de licencias libres de dereitos. 
  • Dreamstime, permite acceder a un banco de máis de 9 millóns de imaxes gratuitas e de pago.Tamén permite vender fotos.
  • Stock.Xchng, SXCg, sitio onde as persoas poden intercambiar  fotos. Na actualidade conta cunha comunidade de máis de 2,5 millóns de usuarios rexistrados e unhas 400.000 fotografías en liña. Ademáis o coste das imaxes é cero.



Hai moitas máis , como as que nos recomendan nas seguintes páxinas:

Wwwhat´s new 
THEMEyourself

Tamén hai páxinas onde podemos descargar vídeos. Algún exemplo:

  • Youtube esta páxina, a diferencia das dúas anteriores, non ten un apartado específico Creative Commons, pero podemos buscar vídeos con esta licencia si escribimos o tema que buscamos seguido de "creative commons" ou no botón "filtros" buscar a opción "Creative Commons" 
  •  Archive.org recolle centos de vídeos, algúns con licencia Creative Commons.
  • Europeana  Unha boa cantidade de material en fotografías e vídeos nun portal que recolle as valiosas representacións da cultura e historia europeas.