martes, 26 de abril de 2016

Chroma Key

O croma, ou clave de cor, é unha técnica audiovisual empregada en cine, televisión e fotografía. Consiste en extraer unha cor da imaxe  e colocar no seu lugar outra imaxe ou vídeo. Para esto empréganse programas específicos de edición de vídeo (como por exemplo, Corel Vído Studio ou Adobe Premiere). Para que o croma funcione, o que queremos que se vexa diante do fondo non pode levar a mesma cor que o fondo. As cores máis utilizadas son verde e azul por ser estas cores as menos presentes na cor da pel.


Na páxina AdictosAlTrabajo.com podemos ver un pequeno tutorial explicando qué é un croma.

Hai diferentes webs nas que podemos descargar vídeos e imaxes para practicar si non temos un fondo verde. Por exemplo:

Hollywood Camera Work
Green Footage

No hay comentarios:

Publicar un comentario