lunes, 25 de abril de 2016

Licencia Creative Commons


Unha licencia é un permiso para usar ou compartir obra. Con esta licencia conservas os teus dereitos de autor pero permites a outras persoas copiar e distribuir a túa obra, sempre que recoñezan a túa autoría, e baixo as condicións que especifiques.
Sempre que descarguemos arquivos de internet debemos comprobar o tipo de licencia. Algunhas páxinas onde ver e descargar imaxes son:


  • Flickr, É unha rede social onde podes descargar un gran número de vídeos e imaxes baixo licencia Creative Commons.
  • En Stockphotorights podes informarte en detalle sobre as licencias dunha foto en particular.
  •  iStockphoto.com, permite acceder a un catálogo de imaxes libres de dereitos.
  • Veezzle, Con máis de 1 millón de fotos rexistradas, é outra opción interesante, pero é de pago.
  • Open Clip Art Library, é outro sitio onde buscar fotos libres de dereitos. Esta biblioteca aberta de Clip Ar ofrece unha colección de clips que poden ser usados libremente para cualquer propósito permitindo a descarga libre.
  • Everystockphoto, é un motor de búsqueda que indexa imaxes baixo diferentes tipos de licencias libres de dereitos. 
  • Dreamstime, permite acceder a un banco de máis de 9 millóns de imaxes gratuitas e de pago.Tamén permite vender fotos.
  • Stock.Xchng, SXCg, sitio onde as persoas poden intercambiar  fotos. Na actualidade conta cunha comunidade de máis de 2,5 millóns de usuarios rexistrados e unhas 400.000 fotografías en liña. Ademáis o coste das imaxes é cero.



Hai moitas máis , como as que nos recomendan nas seguintes páxinas:

Wwwhat´s new 
THEMEyourself

Tamén hai páxinas onde podemos descargar vídeos. Algún exemplo:

  • Youtube esta páxina, a diferencia das dúas anteriores, non ten un apartado específico Creative Commons, pero podemos buscar vídeos con esta licencia si escribimos o tema que buscamos seguido de "creative commons" ou no botón "filtros" buscar a opción "Creative Commons" 
  •  Archive.org recolle centos de vídeos, algúns con licencia Creative Commons.
  • Europeana  Unha boa cantidade de material en fotografías e vídeos nun portal que recolle as valiosas representacións da cultura e historia europeas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario